Coincidindo coa Feira Franca de Pontevedra, o motoclube Teis Duas Rodas organizou unha rutilla motera ata a capital da provincia.Comezamos coma de costume na cervecería Max onde degustamos os seus exquisitos cafés con xeo.
Sobre as 16:30 saímos cara Pontevedra, a ruta escollida foi a través da carretera vella, pasando por Chapela de arriba, Redondela e Arcade para concluir na cidade de Pontevedra.
Tras un breve descanso á sombra dunha árbore na praza das Diputacións nos introducimos na zoa vella, engalanada con motivos medievais.
Degustamos uns licores de Herba Luisa, destacar que a Vicen pareceulle moi forte e trocouno por outro máis doce.

Tras continuar o paseo polos postos medievais, onde degustamos un doce típico (ou non), dirixímonos de retirada polos xardíns de Montero Ríos ata as motos.O camiño de regreso foi similar ó de ida, ca variante de que paramos en Redondela, concretamente no muelle da Portela a tomar un refrixerio, claras de limón, onde coincidimos cun rapaz moi agradable que foi o que nos atendeu e deunos conversa.
As vistas eran impresionantes, e a mesiña na porta do bar daba unha sensación de moita tranquilidade e recollemento.

Sobre as 20:30 decidimos empezar a retirada, o que fixemos por unha estreita estrada en subida pegada ao bar.

Quedamos na cervecería Max as dez da mañá para tomar un café e saimos sobre as 10:30. Un tempo estupendo, atopamos a moitos moteiros polo camiño. Cando chegamos a Berducido quedamos abraiados pola sua igrexa.
Despois puidemos disfrutar da hospitalidade de Miguel Tizón (e dicir: lle saqueamos a neveira), na súa expectacular casa de campo, según indica o máis grande (Vicen): "cunhas parras igualiña que Falcon Cres". E de volta paramos na praia de Arealonga, para tomar a derradeira cerveciña da mañá e comentar a ruta.