sábado, 24 de abril de 2010

Saida: Vigo-Monte Aloia

Outra nova ruta cos compañeiros de TEIS DUAS RODAS, desta vez damos a benvida a Celso, que parecía moi interesado en ingresar neste novo motoclub.
Como xa ven sendo habitual quedamos as 10:00 h na cafetería MAX para tomar un gran tazón de Cola-Cao, mais ben un café grande.





Saímos sobre as 10:30 h en dirección Nigrán onde nos desviamos para acadar o cumio do Aloia a través de diferentes estradas entre montaña e secundarias.

Chegado ao monte Aloia decidimos facer un pouco de senderismo, polo que aparcamos as motos preto da capela de San Xiao e fixemos o Via Crucis ata chegar a Gran Cruz.




Tras o Via Crucis nos diriximos a outro mirador sito doutro lado da capela. Polo que acabamos coa imperiosa necesidade de tomar un refrixerio, o que fixemos no merendeiro do monte, coincidindo ademáis cos Gardabosques e cun club ciclista de campións de idade avanzada.
Despois tocou o regreso, o que fixemos en dirección Vincios e subindo o CUVI para baixar por Cabral cara Teis, onde chegamos cara as 13:30 h.



O importante é que regresamos sen ningun percance.

Deixobos os itinererios da ruta obtidos polo programa Sport Tracker de Nokia:
-Ida: http://sportstracker.nokia.com/nts/workoutdetail/index.do?id=2401089
-Volta: http://sportstracker.nokia.com/nts/workoutdetail/index.do?id=2401092

miércoles, 14 de abril de 2010

1ª Concentración Mototurística de Baiona

O sábado 29 de Maio terá lugar a 1ª Concentración Mototurística de Baiona, está organizada por Kawasaki co galo da presentación dos novos modelos 2010 da marca, así que si alguén ten pensado en adquirir unha xa sabe.
Para os que non teñamos interese en cambiar poderemos disfrutar dun interesante programa polo módico precio de 18 euros (anticipados ata o 15 de maio):

10:00 ENTREGA DE PREINSCRIPCION
11:00 SAIDA DE PASEO CON PINCHADA
14:00 PRIMEIRO PASE EXHIBICION ACROBATICA "PAULO MARTINHO"
15:00 COMIDA EN LOCAIS ASOCIADOS
17:00 VISITA GUIADA
18:00 COMEZO DE CONCERTOS CON CAÑA E BOCATA
20:00 SEGUNDO PASE EXHIBICION ACROBATICA "PAULO MARTINHO"
23:00 PRESENTACION NOVOS MODELOS KAWA 2010 EN "VILLA ROSA BAIONA"
24:00 FOGOS ARTIFICIAIS, FESTA E AGASAIOS.

Para apuntados debedes contactar con kawabai@hotmail.com ou deixar un comentario neste blog indicando o voso interese pola concentración.

martes, 13 de abril de 2010

Saida: Vigo-Oia

Pola mítica estrada que bordea a costa, poucas rutas poden presumir dunhas vistas mellores. Kigui e Vicen aproveitaron a fabulosa tarde que o domingo nos regalou para rodeala costa co obxetivo de ver os primerios bikinis do ano.


Parada para refrigerio, non lembro o nome do bar, pero está próximo ao restaurante Glasgow. Ten unha boa terraza a carón do mar e amplio parking do outro lado da estrada.


Nova parada en Baiona para dar un paseo polos aredores do Parador previo á degustación das novas cervexas onde vimos a primeira carreira do mundial 2010 en Qatar, concretamente a de 125cc.



Se queredes información detallada da ruta, deixovos este enlace, por cortesia de Kigui:

sábado, 10 de abril de 2010

Saida: Vigo-Berducido

Primeira saida oficial do mototclube. Unha mañá de sábado estupenda, unha ruta estupenda e Vicen estreando moto: a súa chimpina, unha GAS-GAS 250cc. Pouco máis se lle poder pedir a vida un sábado pola mañá. Quedamos na cervecería Max as dez da mañá para tomar un café e saimos sobre as 10:30. Un tempo estupendo, atopamos a moitos moteiros polo camiño. Cando chegamos a Berducido quedamos abraiados pola sua igrexa.

Despois puidemos disfrutar da hospitalidade de Miguel Tizón (e dicir: lle saqueamos a neveira), na súa expectacular casa de campo, según indica o máis grande (Vicen): "cunhas parras igualiña que Falcon Cres". E de volta paramos na praia de Arealonga, para tomar a derradeira cerveciña da mañá e comentar a ruta.


Ver mapa más grande

Benvidos ao blog do motoclube "Teis Duas Rodas"

-Saídas.
-Concentracións.
-Quedadas.
-Bo ambente.
-(...)