sábado, 4 de septiembre de 2010

Saida: Vigo-Pontevedra

Coincidindo coa Feira Franca de Pontevedra, o motoclube Teis Duas Rodas organizou unha rutilla motera ata a capital da provincia.
Comezamos coma de costume na cervecería Max onde degustamos os seus exquisitos cafés con xeo.
Sobre as 16:30 saímos cara Pontevedra, a ruta escollida foi a través da carretera vella, pasando por Chapela de arriba, Redondela e Arcade para concluir na cidade de Pontevedra.
Tras un breve descanso á sombra dunha árbore na praza das Diputacións nos introducimos na zoa vella, engalanada con motivos medievais.
Degustamos uns licores de Herba Luisa, destacar que a Vicen pareceulle moi forte e trocouno por outro máis doce.
Tras continuar o paseo polos postos medievais, onde degustamos un doce típico (ou non), dirixímonos de retirada polos xardíns de Montero Ríos ata as motos.
O camiño de regreso foi similar ó de ida, ca variante de que paramos en Redondela, concretamente no muelle da Portela a tomar un refrixerio, claras de limón, onde coincidimos cun rapaz moi agradable que foi o que nos atendeu e deunos conversa.

As vistas eran impresionantes, e a mesiña na porta do bar daba unha sensación de moita tranquilidade e recollemento.



Sobre as 20:30 decidimos empezar a retirada, o que fixemos por unha estreita estrada en subida pegada ao bar.

1 comentario: