Outra nova ruta cos compañeiros de TEIS DUAS RODAS, desta vez damos a benvida a Celso, que parecía moi interesado en ingresar neste novo motoclub.
Como xa ven sendo habitual quedamos as 10:00 h na cafetería MAX para tomar un gran tazón de Cola-Cao, mais ben un café grande.
Como xa ven sendo habitual quedamos as 10:00 h na cafetería MAX para tomar un gran tazón de Cola-Cao, mais ben un café grande.
Saímos sobre as 10:30 h en dirección Nigrán onde nos desviamos para acadar o cumio do Aloia a través de diferentes estradas entre montaña e secundarias.
Chegado ao monte Aloia decidimos facer un pouco de senderismo, polo que aparcamos as motos preto da capela de San Xiao e fixemos o Via Crucis ata chegar a Gran Cruz.
Tras o Via Crucis nos diriximos a outro mirador sito doutro lado da capela. Polo que acabamos coa imperiosa necesidade de tomar un refrixerio, o que fixemos no merendeiro do monte, coincidindo ademáis cos Gardabosques e cun club ciclista de campións de idade avanzada.
Despois tocou o regreso, o que fixemos en dirección Vincios e subindo o CUVI para baixar por Cabral cara Teis, onde chegamos cara as 13:30 h.

O importante é que regresamos sen ningun percance.
Deixobos os itinererios da ruta obtidos polo programa Sport Tracker de Nokia:
-Ida: http://sportstracker.nokia.com/nts/workoutdetail/index.do?id=2401089
-Volta: http://sportstracker.nokia.com/nts/workoutdetail/index.do?id=2401092
esto es rapidez subiendo entradas y lo demás son tonterias...
ResponderEliminar